lunes, 2 de noviembre de 2009

Receitas de cociña



O venres pasado celebramos na aula os cumples de Aray e Brais. Pasamos unha mañá moi "samaineira"!: decoramos a aula, recordamos o conto de "Jack cabaza"- Jack O´lantern- rematamos de decorar as cabazas, maquillámonos e despois fixemos unha merendola estupenda; esta vez merendamos: chulas de cabaza e biscoito de cabaza (moitísimas grazas María e Conchi, nen dicir hai que teño que darvos as grazas pola grande participación e entrega!). Da man de María, a nai de Aray chegounos unha grande sorpresa: UNHA RECEITA DE COCIÑA!!!!; gustóunos tanto que queremos comparti- la convosco.

BISCOITO DE CABAZA

INGREDIENTES:

  • 170 g. de fariña
  • 10 g. de levadura
  • 150g. de azucre
  • 20g. de pel de limón
  • 250g. de cabaza limpa
  • 1 pizca de sal
  • 20 g. de canela
  • 70g. de aceite de oliva
  • 150g. de pasas de corinto
  • 100 g. de noces
  • 4 ovos.


1 comentario:

  1. Ummmmm, que rico debe de estar ese biscoito!!!
    Saudámosvos dende O Rosal, na clase dos peques de Couso.
    Profe Isa, os nen@s da miña escola e máis eu queremos facer algo con vós, así que... esperámosvos no noso blogue. Escribidenos para dicirnos que podemos facer xuntos, vale?
    Unha aperta da profe Bea e dos seus peques.

    ResponderEliminar