lunes, 21 de junio de 2010

Un seliño

Este seliño, de produción propia, vai dirixido a vós as que cada día amosades que compatir altruistamente e educar é posible. Grazas por compartir.

(Este sellito, de producción propia, va dirigido a vosotras, las que cada día mostrais que compartir altruistamente  y educar es posible. Gracias por compartir.)
Regalámosllo a:
Bea (http://cousasdepeques.blogspot.com/)
Naiara (http://duendesjuguetones.blogspot.com/)
Laura ( http://profequehacemoshoy.blogspot.com/)
Ana(http://blog.educastur.es/tizeros/)
Patri (http://patriysuclase.blogspot.com/)
Elizana (http://sonrisasdemilcolores.blogspot.com/

Peixiños do mar

Eiquí vos deixamos unhas imaxes  duns peixes moi xeitosos que fixemos en Parada. 

Os materiais empregados foron:
- bolas de porexpan,
- témpera líquida,
- plastilina,
- palillos,
- cola,
- alkil,
-  paus de pincho moruno,
- fotocopias con ollos e bocas para escoller.
O resultado foi este,
quedan chulos, non sí???.











Eiquí vos deixamos a plantilla de ollos e bocas:


Un ano de ilusións!

Como é ben sabido, mañá rematamos a escola con unha grande festa na Escola de Areas. Foi un grande ano de retos e unha grande inversión de traballo, esforzo e moito, moito cariño, tanto pola nosa parte como mestras, como pola parte dos pequech@s e de vós, as familias.
Cando penso que o ano remata espero que o lembredes con tanto agarimo como ilusión lle puxemos e conseguemos manter entre tod@s.
Grazas Aray, Ángel, Brais, Carolina, David, Diego, Héctor, Laura, Lucía, Luana,  Manuel, Noelia, Paula, Siomara e Yanira, espero que algún día cando vos lembredes de min o fagades co cariño que eu farei.
Grazas papis e mamis.
Por isto e por todo, só queda por dicir mil grazas!!!!!!.

sábado, 19 de junio de 2010

Recibimos un sellito-premio!!!!

Hoxe recibimos da nosa amiga segreda: 

UN SELIÑOOOOOOOO!!!!

Gràcies Laura!!! ens fa molta il·lusió rebre el nostre primer segellet!!!!!!!
Graciñas Laura! fainos moita ilusión recibir nuestro primer sellito!!!!!!!

Consultade o seu blog!!
http://profequehacemoshoy.blogspot.com/

Con moito agarimo da nosa profe de psicomotricidade Bárbara

Rematou o curso e con el as clases de Psicomotricidade.
    Espero que  foran do voso agrado, así como os distintos materiais que fostes coñecendo e explorando: aros, picas, pelotas de distintos tamaños, texturas e cores, teas, sombras corporais, cordas, paracaídas, enredos, pasillos de equilibrio, ladrillos, módulos de gomaespuma, antefaces, canguros, xogos populares e tradicionais (mariola, peón, tirapedriñas, petanca, zancos, carreiras de sacos, bolos, etc.), múltiple material de refugallo (botellas, xornais, tubos de cartón…) e a pizarra dixital.
    Con todos estes materiais fomos traballando, ao longo do curso, as capacidades perceptivo-motrices, sobre todo a corporalidade, pero tamén a espacialidade e a temporalidade; melloramos a coordinación (xeral e específica) o equilibrio (estático, dinámico e con obxectos) e adquirimos distintos tipos de habilidades, incidindo sempre en aspectos relacionados coa saúde (alimentación, hixiene corporal e postural, etc.). Tamén traballamos a expresión corporal e fixemos moitísimos xogos: de presentación, animación, volta á calma, cooperativos, populares e tradicionais, ao aire libre…
    Eu penso que os que màis vos gustaron foron os xogos co paracaídas, o enredos, “Monos e panteiras”, “Coller mazás” e “Drácula”; tamén disfrutamos moito bailando todos xuntos con música animada e movendo todo o corpo!
    O martes, na festa de fin de curso, se queredes podemos xogar e bailar cos nenos/as de todo o cole.
    
Un bico e unha aperta moi forte da vosa profe de psicomotricidade:
    Bárbara.
 
E eu (ISA) engado:
 
Graciñas a ti, profe Bárbara, por facernos mover o esquelete!!!!

viernes, 18 de junio de 2010

CHEGOU O REGALO DA MIÑA AS!!

martes, 15 de junio de 2010

Unha acollida moi, moi especial

Ola familias!
O próximo xoves, día 17 de xuño, teremos o pracer de compartir unhas horas c@s nen@s que o ano que ven estarán en Parada.  Pero, que imos facer ese día?.
Mirade o noso programa:

domingo, 30 de mayo de 2010

Cumpleañeir@s

Eiquí vos deixamos una fotiño na que se amosa a celebración dun dia moi especial: a do noso cumple!


Por un día fomos tarteir@s!!!

É ben sabido que en Parada sómosche ben "doceiros", e xa que estamos de celebracións o pasado venres decidimos facer unha tarta moi sinxela.
Os ingredientes foron traidos pol@s cumpleañei@s e son os seguintes:
- Base de biscoito
- Nocilla
- Nata montada
Eiquí deixámosvosunhas fotiños para que vexades como nolas amañamos!
(GRACIÑAS UNHA VEZ MÁIS FAMILIAS!!! pola vosa axuda e responsabilidade)







viernes, 28 de mayo de 2010

Amorodos "salvaxes e caseiros"

Ainda que o título desta entrada ben parece o título dunha moi boa peli, non se trata diso, non, e que  Parada chegaron osssssssssssss


TACHÁNNNNNNNNNNNNNNN!

AMORODOS 

... e chegaron da man de Noelia, David e a súa mami Rosa,(GRACIÑAS!!!) tamén a profe atopou un esqueixes  de amorodos salvaxes  nun muro.

Agora sabemos que:
-as plantas medran con sol, auga, terra e as sales minerais que contén (que xa coñecemos dos froitos secos que comemos os xoves). 
- teñen unha sabor áceda,
- medran como resultado da semente, esqueixes... 

Así que temos turnos para regalas e coidalas e como estamos nun ano de reciclaxe aproveitamos a auga da chuvia cando chove para regalas.

jueves, 13 de mayo de 2010

Seguimos co mar!


Estes dias seguimos moi atarefados en descubrir cousiñas do mar, e realmente estamos desfrutando con isto dos peixes, algas, etc, seica algún/ ha comeza a ser un experto/a!. eiquí deixámosvos una cousiña para ver sobre as artes de pesca!.
Podedes investigar eiquí!.

http://picasaweb.google.com/Piperquin/CMoHacerAparejosYAprenderAPescar#

lunes, 19 de abril de 2010

Traballando cos peixes

Este trimestre, en Parada, sentímonos moi "praieir@s" e estamos facendo os nonos "piniños investigativos" cos animais do mar. Eiquí déixovos unha páxina para que, dende a casa, comecedes a  xogar e a aprender os nomes dos animais marinos, in English (of course!).

 
Unha vez dentro da web aparecerá a imaxe  de arriba no centro, dádelle a fun and games: poderedes ver dende os arrecifes de coral ata os nimes de animais en inglés. Veña, a experimentar!.

domingo, 4 de abril de 2010

Festa Musical

O pasado xoves 25 de marzo tivemos en Parada a grande visita do "músico Rubén" e da profe Maite (a nosa profe de música). Tan abraiados/ as estabamos que algún/ ha da sorpresa nin se moveu!. A actividade estivo moi chula e iso de poder asistir a un concerto en directo e cun quorum tan reducido foi un pracer. Repasamos moitas, moitas cancións,  bailamos e tivemos a oportunidade de ver moi de perto a gaita, o cornetín, o acordeón, etc dos que tanto nos falara a profe Maite!.
Deixámosvos unha foto do evento!.

lunes, 29 de marzo de 2010

Entroido

Este ano en Parada recibimos o Entroido con moitas, moitas ganas e conmemoramos así esta festividade que forma parte do noso raigame social e cultural.
Febreiro un grande mes de traballo: fixemos o noso disdraz de peregrinos/ as (picar, recortar, colorear, e moitos etc); asemade fixemos na aula unha festaza por tódolo alto e na que degustamos postres típicos obra das mamis de Luana e Aray e David e Noe (moitísimas grazas!) e na que tamén nos disfrazamos e maquillamos. Eiquí vos deixamos unha mostra do ben que co pasamos!.

jueves, 24 de diciembre de 2009

Bo Nadal!!

Os/ as pequechos/ as de Parada e as profes queremos desexarvos un BO NADAL!!! ...



... e agradecervos a grande implicación que amosades cada día.

Moitos bicos!!

(* Como podedes ver sacar unha foto pode ser unha odisea)

Econadal






Estes días andivemos moi, moi atarefados cos preparativos do Nadal,
panxoliña, os adornos, as postais... todo pensando sempre nunha cousiña moi importante: o material de refugallo serve para reempregar e facer cousas!, eiquí deixamos unhas mostras do noso ECONADAL.

domingo, 29 de noviembre de 2009

Unha araña pequeniña

O pasado xoves as profes da Ludoteca viñeron a facer unha araña connosco, foi unha tarefa difícil pero moi chula, e da que saímos airosos!!, traballamos un montón!!. Pero de que animal se trata?, a ver quen o adviña!.
Eiquí vos deixamos algunhas fotos para que vexados como foi todo o proceso! e o poema da araña que tan ben nos sabemos.



"Unha araña pequeniña,
teceu, teceu, teceu,
veu a choiva
e o chan caeu
saiu o sol,
e a choiva marchou,
e a araña pequeniña,
de tecer acabou"

Magosto



"Castiñeiro castiñeiro, que castañas ti non das; castiñeiro castiñeiro, xá te podes apurar,
que agora ven o San Martiño e querémo- las tomar".
Cantiga popular

O Magosto resultou moi ben; foi unha boa ocasión para coñeceres ao resto dos/ as nenos/ as do cole e penso que todos/ as pasámo- lo moi fenomenal, houbo moita interacción e fixemos moitos amigos / as novos/ as.
O menú foi variado: bocata de chourizo, castañas asadas e postres variados que fixemos as familias de Areas e as mestras do cole.
Eiquí vos deixamos algunhas fotiños do evento.



PD: Os nenos/ as de Parada queremos agradecer a Escola de Areas (as familias da mesma e a súa titora e os/as pequechos/ as) a súa hospitalidade.

Froitos do outono

Esta estación está resultando ser moi fructífera en Parada. Os/as pequechos/ as cada vez van introducíndose máis no feito de "aprender facendo" eiquí tendes unhas imaxes de actividades feitas con relación co sentido do gusto (que nos organizou fantásticamente ben a profe Mónica- grazas!!!), nela podedes ver como probaron alimentos doces e salgados.


Asemade estamos aprendendo a agrupar tipos de alimentos en froitos ou carnosos!!.


Por outra banda, grazas vós, as familias, que nos estades axudando e facilitando a labor diaria coas vosas aportacións (non sabedes canto :) ); todos os materiais están axudándonos na nosa tarefa de clasificar, seriar, contar... e ata xogar ao bingo, é tanto o que podemos ver que ata cogomelos trouxestes!!. Mil grazas!.

lunes, 2 de noviembre de 2009

Receitas de cociña



O venres pasado celebramos na aula os cumples de Aray e Brais. Pasamos unha mañá moi "samaineira"!: decoramos a aula, recordamos o conto de "Jack cabaza"- Jack O´lantern- rematamos de decorar as cabazas, maquillámonos e despois fixemos unha merendola estupenda; esta vez merendamos: chulas de cabaza e biscoito de cabaza (moitísimas grazas María e Conchi, nen dicir hai que teño que darvos as grazas pola grande participación e entrega!). Da man de María, a nai de Aray chegounos unha grande sorpresa: UNHA RECEITA DE COCIÑA!!!!; gustóunos tanto que queremos comparti- la convosco.

BISCOITO DE CABAZA

INGREDIENTES:

  • 170 g. de fariña
  • 10 g. de levadura
  • 150g. de azucre
  • 20g. de pel de limón
  • 250g. de cabaza limpa
  • 1 pizca de sal
  • 20 g. de canela
  • 70g. de aceite de oliva
  • 150g. de pasas de corinto
  • 100 g. de noces
  • 4 ovos.