jueves, 24 de diciembre de 2009

Bo Nadal!!

Os/ as pequechos/ as de Parada e as profes queremos desexarvos un BO NADAL!!! ...



... e agradecervos a grande implicación que amosades cada día.

Moitos bicos!!

(* Como podedes ver sacar unha foto pode ser unha odisea)

Econadal






Estes días andivemos moi, moi atarefados cos preparativos do Nadal,
panxoliña, os adornos, as postais... todo pensando sempre nunha cousiña moi importante: o material de refugallo serve para reempregar e facer cousas!, eiquí deixamos unhas mostras do noso ECONADAL.

domingo, 29 de noviembre de 2009

Unha araña pequeniña

O pasado xoves as profes da Ludoteca viñeron a facer unha araña connosco, foi unha tarefa difícil pero moi chula, e da que saímos airosos!!, traballamos un montón!!. Pero de que animal se trata?, a ver quen o adviña!.
Eiquí vos deixamos algunhas fotos para que vexados como foi todo o proceso! e o poema da araña que tan ben nos sabemos.



"Unha araña pequeniña,
teceu, teceu, teceu,
veu a choiva
e o chan caeu
saiu o sol,
e a choiva marchou,
e a araña pequeniña,
de tecer acabou"

Magosto



"Castiñeiro castiñeiro, que castañas ti non das; castiñeiro castiñeiro, xá te podes apurar,
que agora ven o San Martiño e querémo- las tomar".
Cantiga popular

O Magosto resultou moi ben; foi unha boa ocasión para coñeceres ao resto dos/ as nenos/ as do cole e penso que todos/ as pasámo- lo moi fenomenal, houbo moita interacción e fixemos moitos amigos / as novos/ as.
O menú foi variado: bocata de chourizo, castañas asadas e postres variados que fixemos as familias de Areas e as mestras do cole.
Eiquí vos deixamos algunhas fotiños do evento.



PD: Os nenos/ as de Parada queremos agradecer a Escola de Areas (as familias da mesma e a súa titora e os/as pequechos/ as) a súa hospitalidade.

Froitos do outono

Esta estación está resultando ser moi fructífera en Parada. Os/as pequechos/ as cada vez van introducíndose máis no feito de "aprender facendo" eiquí tendes unhas imaxes de actividades feitas con relación co sentido do gusto (que nos organizou fantásticamente ben a profe Mónica- grazas!!!), nela podedes ver como probaron alimentos doces e salgados.


Asemade estamos aprendendo a agrupar tipos de alimentos en froitos ou carnosos!!.


Por outra banda, grazas vós, as familias, que nos estades axudando e facilitando a labor diaria coas vosas aportacións (non sabedes canto :) ); todos os materiais están axudándonos na nosa tarefa de clasificar, seriar, contar... e ata xogar ao bingo, é tanto o que podemos ver que ata cogomelos trouxestes!!. Mil grazas!.

lunes, 2 de noviembre de 2009

Receitas de cociña



O venres pasado celebramos na aula os cumples de Aray e Brais. Pasamos unha mañá moi "samaineira"!: decoramos a aula, recordamos o conto de "Jack cabaza"- Jack O´lantern- rematamos de decorar as cabazas, maquillámonos e despois fixemos unha merendola estupenda; esta vez merendamos: chulas de cabaza e biscoito de cabaza (moitísimas grazas María e Conchi, nen dicir hai que teño que darvos as grazas pola grande participación e entrega!). Da man de María, a nai de Aray chegounos unha grande sorpresa: UNHA RECEITA DE COCIÑA!!!!; gustóunos tanto que queremos comparti- la convosco.

BISCOITO DE CABAZA

INGREDIENTES:

  • 170 g. de fariña
  • 10 g. de levadura
  • 150g. de azucre
  • 20g. de pel de limón
  • 250g. de cabaza limpa
  • 1 pizca de sal
  • 20 g. de canela
  • 70g. de aceite de oliva
  • 150g. de pasas de corinto
  • 100 g. de noces
  • 4 ovos.


domingo, 25 de octubre de 2009

Cancións do Halloween

Algúns vídeos cos que divertirse e pasar unha noite de meeeedo!





lunes, 19 de octubre de 2009

CHEGOU O SAMHAÍN

Nestes días, e coa chegada do outono, andamos moi atarefados/ as co noso proxecto investigativo relacionado co Samaín; algúns de nós trouxemos cabazas á clase; observamos como eran por fóra e por dentro, para elo:
  • tocámolas,
  • vimos as súas formas, cores, tamaños e texturas,
  • comprobamos o seu peso,
  • abrímo- las e descobrimos as súas sementes (as pebidas),
  • investigamos na biblioteca, e grazas a axuda de Laura, descobrimos a que familia pertencían as cabazas (curcubitáceas), e que outros tipos de hortalizas pertencían á mesma;
  • falamos de onde medraban e sobre todo investigamos sobre aquelo que nos intesesaba en relación ao Samaín.
Agora sí que podemos comezar a chamarnos grupo!!!.