lunes, 19 de abril de 2010

Traballando cos peixes

Este trimestre, en Parada, sentímonos moi "praieir@s" e estamos facendo os nonos "piniños investigativos" cos animais do mar. Eiquí déixovos unha páxina para que, dende a casa, comecedes a  xogar e a aprender os nomes dos animais marinos, in English (of course!).

 
Unha vez dentro da web aparecerá a imaxe  de arriba no centro, dádelle a fun and games: poderedes ver dende os arrecifes de coral ata os nimes de animais en inglés. Veña, a experimentar!.

domingo, 4 de abril de 2010

Festa Musical

O pasado xoves 25 de marzo tivemos en Parada a grande visita do "músico Rubén" e da profe Maite (a nosa profe de música). Tan abraiados/ as estabamos que algún/ ha da sorpresa nin se moveu!. A actividade estivo moi chula e iso de poder asistir a un concerto en directo e cun quorum tan reducido foi un pracer. Repasamos moitas, moitas cancións,  bailamos e tivemos a oportunidade de ver moi de perto a gaita, o cornetín, o acordeón, etc dos que tanto nos falara a profe Maite!.
Deixámosvos unha foto do evento!.