sábado, 19 de junio de 2010

Con moito agarimo da nosa profe de psicomotricidade Bárbara

Rematou o curso e con el as clases de Psicomotricidade.
    Espero que  foran do voso agrado, así como os distintos materiais que fostes coñecendo e explorando: aros, picas, pelotas de distintos tamaños, texturas e cores, teas, sombras corporais, cordas, paracaídas, enredos, pasillos de equilibrio, ladrillos, módulos de gomaespuma, antefaces, canguros, xogos populares e tradicionais (mariola, peón, tirapedriñas, petanca, zancos, carreiras de sacos, bolos, etc.), múltiple material de refugallo (botellas, xornais, tubos de cartón…) e a pizarra dixital.
    Con todos estes materiais fomos traballando, ao longo do curso, as capacidades perceptivo-motrices, sobre todo a corporalidade, pero tamén a espacialidade e a temporalidade; melloramos a coordinación (xeral e específica) o equilibrio (estático, dinámico e con obxectos) e adquirimos distintos tipos de habilidades, incidindo sempre en aspectos relacionados coa saúde (alimentación, hixiene corporal e postural, etc.). Tamén traballamos a expresión corporal e fixemos moitísimos xogos: de presentación, animación, volta á calma, cooperativos, populares e tradicionais, ao aire libre…
    Eu penso que os que màis vos gustaron foron os xogos co paracaídas, o enredos, “Monos e panteiras”, “Coller mazás” e “Drácula”; tamén disfrutamos moito bailando todos xuntos con música animada e movendo todo o corpo!
    O martes, na festa de fin de curso, se queredes podemos xogar e bailar cos nenos/as de todo o cole.
    
Un bico e unha aperta moi forte da vosa profe de psicomotricidade:
    Bárbara.
 
E eu (ISA) engado:
 
Graciñas a ti, profe Bárbara, por facernos mover o esquelete!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario